INFRAESTRUCTURAS RURAIES ::Agader
Por mediación do Agader, estanse realizando as seguintes obras en Paderne:
Remodelación da Praza do Concello e entorno do Centro de Saúde por un importe total de 179.087,56€ dotando ó entorno de 41 prazas de aparcamento nos laterais da actual rampa de acceso ó Centro de Saúde, dunha praza de recreo cunha fonte de 5 m de diámetro con combinación de chorros de auga e luces de cores nun dos laterais da Casa do Concello, dun parque infantil con elementos de xogo, mobiliario urbano, iluminación, accesos, pavimentación de formigón e granito así como a plantación de céspede, plantas e especies de árbores ornamentais.
Rehabilitación dos lagares de Esperela e Vilamourel recuperando así os bens patrimoniais e facilitando tamén, una vez rematada a súa rehabilitación, visitas culturais.
Muíño de Lama da Ribeira.
Guías e Folletos Turísticos.
Páxina Web.
O Alcalde de Paderne, César Longo, acaba de firmar recentemente os contratos co Vicepresidente da Fundación Comarcal de Betanzos para a rehabilitación das seguientes áreas recreativas:
Área Recreativa de Gas, Souto. Por un importe de 56.000€.
Área Recreativa de Chantada, Souto. Por un importe de 90.000€.
Área Recreativa de Areas, Adragonte. Por un importe de 90.000€.
En breve procederase á contratación das obras co que se incrementarán as zonas de esparcimento e descando en Paderne.
|