Dende a súa altura pódese divisar outros recintos castremos como o de Bergondiño e Santa Marta (antigo monte sagrado dos celtas); Castro, á beira da ría en perfecta liña có que nos ocupa, os de Espenuca e Xan Rozo e O Castro de Untía (onde hoxe se empraza a parte alta de Betanzos).
O castro foi romanizado e son abundantes as cerámicas atopadas, tégulas e ladrillo aparecen baixo a capa de humus. Algúns dos fragmentos atopados demostra a súa fabricación a torna, cunha técnica bastante depurada o que demostra que o recinto debeu estar poboado ata unha época tardía.
O abastecemento da auga quedaría asegurado dende as proximidades, xa que este promontorio está entre dous ríos, ó sur o Mandeo a uns 500 m e polo Norte, o río de Caraña que pasa ó pé do monte.
O foso que rodea a defensa pola beira Sur foi aproveitado dende antigo polo camiño real de Betanzos a Vilalba, que arrancaba da Igrexa de Nosa Señora dos Remedios, seguindo posiblemente algunha vía romana que enlazaba con Brigantium.
|