Praias   Rios   Montes      
 
             
XEOGRAFÍA::CASTROS<<volver 1 2 3    

 

Castro de Obre

Está situado a 2 km de Betanzos, é un dos castros celtas máis ignorados dentro da área de As Mariñas.

Chégase a el pola estrada C-640 de Betanzos a Viveiro, para no quilómetro 2 e hai que seguir por unha estreita pista á esquerda que despois duns 500 metros, aproveitará o propio foso do castro no seu trazado.

As súas coordenadas xeográficas son: 43 º 17´ de Latitude Norte e 4º 31´ lonxitude Oeste, cunha altitude de 125 m sobre o nivel do mar, non representa certamente un promontorio digno de mención entre as terras que o circundan; pero si unha atalaia con notable dominio visual sobre o amplo contorno. A súa cota máxima marca un fito de demarcación xeográfica entre os municipios de Betanzos ó NW e Paderne que abarca todo o cuadrante SE do castro e terras adxacentes.

Trátase dun castro medianamente grande, con respecto ó resto dos de As Mariñas. Supera con moito ós de Ambroa (Irixoa), o de Areas, San Mamede (Paderne), que en ningún caso soen pasar dos 90 m de diámetro.

As súas dimensións son: Eixe Norte-Sur:155m; o eixe Leste-Oeste:97 m; Altura máxima exterior da defensa: 9m. no W; altura máxima interior do parapeto: 3,80m.

Castro de forma oval, a máis común neste tipo de recintos.

 

 
1 2 3